Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A coruñesa Pinexports sube a súa facturación o 200%



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2023 · (0)



Nada en 2018 tras levar en 2017 un premio o empredemento, está especializada na produción internacional de produtos téxtiles, industriais e retail, traballan como unha axencia de fabricación a medida e baixo demanda. Román Sánchez é CEO e director de Operacións da empresa cuxa nova plataforma en liña Exhale é clave no éxito.


Achega aos clientes os medios que necesitan para que cadeas de vendas non deixen de funcionar.  A plataforma en liña lanzada en maio co apoio do Igape para monitorizar e dar seguridade a todo o proceso, baseada en business intelligence e machine learning, dilles onde está o mellor centro de fabricación para cada produto en calquera país do mundo.

Cotización ao cliente, modificación de fichas técnicas, firma de documentación, pagos e tracking aéreo ou marítimo en tempo real ata a entrega da mercadoría, ofrecendo así un control integral da información. A plataforma de Pinexports xera ademais cotizacións personalizadas, seleccionando o mellor centro de produción para cada artigo dun pedido. Algo que logra grazas a algoritmos desenvolvidos a medida, que cruzan datos de calidade, legais, de sustentabilidade, especialización ou distancia entre a fábrica e o almacén.

Un servizo ademais que poden ofrecer a compañías de todo tipo de tamaños e volumes pola escalabilidade e automatización. A previsión para 2024 é que máis do 60% da captación de novas contas veña pola canle en liña.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)