Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A ocupación hostaleira en Galicia segue batendo récords



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XANEIRO DE 2023 · (0)



Por primeira vez son superadas as 12 millóns de noites de xaneiro a novembro con preto de 6,3 millóns de visitantes aloxados e  hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings, casas de turismo rural e albergues. Estamos ante os mellores datos da serie histórica. O 25% dos visitantes son de fóra de España.

 


As cifras de ocupación que recolle o INE tradúcense en que Galicia supera nun 41% os rexistros do mesmo período do pasado ano para situarse novamente por encima do nivel previo á pandemia. Unha porcentaxe de recuperación do 95%.

Nestes 11 meses todas as tipoloxías superan con fartura os niveis de demanda do pasado ano. Os datos acumulados ata novembro reflicten que o 72% corresponde ao segmento hostaleiro, mentres que o 28% restante queda no aloxamento extrahoteleiro. En canto á orixe dos visitantes o 75% é turismo de ámbito nacional –interno e ao que procede das restantes comunidades autónomas- e o 25% é internacional. Ambos superan de forma notable as cifras do pasado ano. Por provincias os incrementos que roldan o 30% en Lugo, Ourense e Pontevedra, e superan o 40% na Coruña.

E finalmente anotar que polo que respecta só ao mes de novembro, a nivel global rexistráronse preto de 300.000 viaxeiros aloxados e 570.000. Nunca antes a nosa comunidade conseguira achegarse a esas cifras.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)