Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha recreación virtual de Galicia permitirá xestionar datos do territorio



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2023 · (0)



Está feita sobre unha base cartográfica con datos reais procedentes de sensores, o que permitirá a empresas e administracións facer simulacións e probas e mellorar a prestación de servizos coa Intelixencia Artificial. As principais aplicacións terán que ver coas actividades agrarias, a mobilidade interurbana e a xestión de infraestruturas rurais.


A xestión poderá facerse en base a simulacións e analíticas preditivas. Ademais o cganado xemelgo dixital será aberto e colaborará con outros territorios, contará con simulador de escenarios; visualización 2D, 3D e 5D; visor GIS; cadro de mandos; mapa de rúas interactivo e información de meteoroloxía e clima.

Os datos procederán de sensores de Internet das Cousas (IoT), cámaras fixas, aeronaves non tripuladas (UAVs) e estacións meteorolóxicas. A iniciativa galega, cun orzamento de 4 millóns de euros, forma parte do proxecto Retech “Aceleración de ecosistemas de emprendemento e innovación baseados en xemelgos dixitais”, no que tamén participan A Rioxa, Estremadura, Navarra e Castela A Mancha.

O “Xemelgo Dixital de Galicia” (XDG) é unha das tres iniciativas promovidas pola Xunta que forman parte dos 11 proxectos emblemáticos de transformación dixital seleccionados polo Goberno do Estado, na primeira fase do Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (Retech). Detrás del están a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Instituto de Estudos do Territorio. Utilizará tecnoloxías de intelixencia do datos como machine learning, algoritmos de IA, e capa de modelado. Ademais achéganse ao proxecto activos como as Aldeas Intelixentes, a posta en marcha dunha rede de Internet das Cousas xestionada de maneira centralizada e con cobertura do 71% do territorio; e actuacións integradas para o uso de aeronaves non tripuladas.

XDG espérase que axude a conseguir un modelo de transporte máis sostible en base a datos históricos e predición de tendencias, a crear ferramentas e técnicas para mellorar a optimización dos recursos agrarios e gandeiros e a facilita a captación, análise de datos e  simulación para a toma de decisións máis eficientes na xestión de infraestruturas, sobre todo rurais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)