Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Loxística e transporte, o sector que espera facturar máis en 2023



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 04 DE XANEIRO DE 2023 · (0)



A cifra da suba como media en toda España será de case un 25%, segundo o “Informe de orzamentos IT 2022 e estimación 2023” levado a cabo por LiceoTIC Training. Isto tradúcese en maior emprego, é o sector que máis vai aumentar persoal. Galicia sitúase no 6º posto do PIB nacional xerado.


Este estudo feito entrevistando a empresas demostra un crecemento nos principais parámetros de custo do departamento IT (gasto, investimento e número de persoas), que acompaña a unhas previsións globais positivas de incremento de facturación de cara a este ano.

As cifras van na liña do recollido na II Xornada galega de Loxística Internacional, celebrada na Coruña a finais de novembro pasado, que puxo de manifesto que a loxística segue aumentando en peso e relevancia como eixo condutor da nosa economía.

Xoan Martínez, presidente do Clúster da Función Loxística, concretou que a loxística por mar representa o 40% do transporte global de Galicia; mentres que o xerente do clúster, Iago Domínguez, recalcou que estaos no 6º posto do PIB nacional xerado, cun despunte do sector e en continuo crecemento, coa previsión de pechar 2022 batendo récords.

As previsións xerais son boas

Voltando ao recente informe do centro de formación LiceoTIC Training, as empresas deste eido esperan que en 2023 a facturación xeral creza máis dun 5%. Con todo, non son tan positivas como o ano anterior, cando a previsión era do 12%. Por sectores, e, tal e como citamos, loxística e transporte é o que espera aumentar máis a súa facturación, ata un 24,9%. O sector que se atopa en segundo lugar en canto a previsión de facturación é o de enerxía, que espera aumentar nun 15%. O ano pasado era o que tiña a previsión máis baixa de aumento. En terceiro lugar, atópase a distribución, cun 11,8%.

E dinalmente en canto ao emprego loxística e transporte é o que tamén espera aumentar máis os equipos, ata un 9,8%, seguido do de enerxía que prevé un aumento do 4%. Pero o que máis vai tirar de novas contratacións é a distribución e o retail cun 12%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)