Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A compostelana Ednon e o seu maná panameño



REDACCIÓN · PUBLICADO O 26 DE AGOSTO DE 2016 · (0)



Obtivo alí contratos na Cidade da Saúde e no ministerio do ramo. Tras a súa participación nas obras da canle de Panamá instalando sistemas de videovixiancia e megafonía, a empresa liderada por Javier Atán -director xeral dende 2014- logrou a adxudicación doutros dous proxectos que lle darán traballo no país que preside Juan Carlos Varela ata 2018.


Ednon comezou a operar 2004, en 2007 facturaba 3 millóns de euros e en 2014 chegou aos 13. Dá traballo a 114 persoas especialistas en seguridade, cibercomunicacións e sistemas e diversos servizos TIC. Ademais da sede Compostelá ten delegaciones en Valladolid e en Cidade de Panamá.

Primeiro, en 2014, o Consorcio Construcións Hospitalarias (formado por FCC Construción e FCC Construción de Centroamérica) deulle a Ednon International, S.A. a filial en Panamá, a subministración e instalación de infraestrutura de comunicacións de tres mil metros de bandexa galvanizada en quente e dous mil cincocentos puntos de rede voz, datos e iptv.  A adxudicación realizouse en competencia con empresas españolas e internacionais. No caso das novas consisten na xestión do sistema de control de accesos e videovixiancia da Cidade da Saúde, un dos complexos hospitalarios máis grandes do país. O outro supón labores de consultoría para a plataforma de Sistemas do Ministerio de Sanidade panameño.

Francisco Bao é o director comercial dunha compañía que ten nese país a primeira etapa no proceso de internacionalización iniciado hai seis anos. Ednon arrimouse a grandes compañías e logrou aterrar alí da man das subcontratacións, que supoñen o 80% da facturación da empresa. Concretamente, as obras na Canle foron encargadas polo xigante Indra, o que lles deu o empuxón necesario nun país con fortes investimentos en infraestruturas e políticas fiscais beneficiosas para as empresas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)