Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Verónica Martínez, nova presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2017 · (0)



O seu nomeamento foi aprobado por unanimidade dos axentes sociais nunha convocatoria extraordinaria do Consello. Afrontou durante a súa etapa na Inspección de Traballo en Vigo procesos de mediación moi complexos.


No seu traballo previo na Inspección de Traballo e Seguridade Social tivo un papel moi relevante en conflitos laborais como convenios do metal e de empresas como Faurecia, Pescanova, Viza Automoción ou a clínica Povisa.

Chegou ao posto o pasado venres en substitución de Demetrio Fernández, que estivo á fronte os últimos quince anos. O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento demándalle á Xunta o reforzamento do CGRL, tanto en recursos materiais como humanos pero asegura que tanto o perfil profesional como a traxectoria de Martínez fan dela unha “axeitada candidata” á presidencia do CGRL.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)