Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Agaca espera aumentar nun 12 % as súas vendas a través de Vegalsa-Eroski



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2017 · (0)



Os alimentos máis demandados da cooperativa galega na rede de supermercados o ano pasado foron leitugas, pementos, tomates, feixóns, cabazas e porros. Entre os obxectivos do novo acordo de colaboración atópase implantar novas referencias e identificar os produtos nos que as cooperativas teñen especial interese.


A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski da man do seu director, Joaquín González, e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias representada polo seu presidente José Montes, renovaron por sexto ano consecutivo o convenio para a venda dos seus produtos na rede de 258 establecementos entre Galicia, Asturias e Castela e León.  A sinatura fíxose coincidir coa 40º edición da Feira Internacional de Galicia Abanca.

O volume de produción durante 2016 foi de 1.523.224 quilos a través da comercialización de 27 produtos galegos e a previsión para o presente exercicio pasa por incrementar en máis do 12% este volume. A sexta renovación do convenio xorde da aposta do grupo de distribución e Agaca polo desenvolvemento das cooperativas.

A través da sinatura de diversos convenios de colaboración con Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas Vegalsa logrou que os produtos galegos signifiquen o 31% das súas compras. Os de horta procedentes das cooperativas galegas son produtos de proximidade que chegan rapidamente da terra ao mercado reducindo custos de transporte. O feito de ser comercializados a través das cooperativas tradúcese na eliminación de intermediarios e os beneficios obtidos das vendas reverten directamente na cooperativa e nos socios.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)