Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As mellores empresas para traballar en Europa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE XUñO DE 2017 · (0)



O ranking encabézano Mars –de alimentos para animais– na categoría de multinacionais; a consultora francesa Davidson en grandes compañías, a consultora tecnolóxica Cigni entre as pemes, e a tecnolóxica Rackspace entre as microempresas. España está no sexto lugar.


Os empregados, que son os responsables de avaliar os seus lugares de traballo, inciden nestes aspectos como dos máis determinantes: as persoas son tratadas con xustiza con independencia da orientación sexual, do xénero e da raza; a empresa é un lugar seguro para traballar e cando che incorporas, séntesche acollido.

A consultora de RRHH Great Place to Work vén de anunciar as 125 empresas recoñecidas, polos seus empregados, como os Mellores Lugares para Traballar en Europa. A lista certifica anualmente 25 organizacións multinacionais (que operen en polo menos tres países), 30 na categoría de grandes empresas (con máis de 500 empregados), 50 pemes (50-500 traballadores) e 20 microempresas (20-49 empregados). As multinacionais selecciónanse de acordo a uns criterios distintos ao resto das empresas. Para ser elixidas deben reunir requisitos, como: dispoñer dun mínimo de 1.000 empregados en todo o mundo, que polo menos un 40% do capital humano mundial traballe fóra do país no que se sitúa a súa sede central e aparecer tres veces ou máis nas listas Best Workplaces nacionais de Europa.

Este ano, Reino Unido volve, do mesmo xeito que o ano pasado, a ser o país con maior número de compañías (30), seguido de Francia, que pasa ao segundo país máis prolífero do ranking (con 22 premiadas), e de Suecia e Dinamarca (que suman cada un 18 empresas). E España, xunto con Países Baixos, ocupa a sexta posición con máis representación, 13 compañías forman parte da lista. Deste xeito Mars en España ocupa o primeiro lugar da lista seguida de The Adecco Group no segundo lugar; nun terceiro posto a tecnolóxica Cisco; a biofarmacéutica AbbVie, nunha cuarta posición; nun sexto lugar, a aseguradora Admiral Seguros (Balumba & Qualitas); e ocupando o oitavo posto, a biofarmacéutica Amgen.

A maioría dos Best Workplaces europeos pertencen a cinco sectores: tecnoloxía da información, servizos profesionais, servizos financeiros & seguros, manufacturing e produción e retail.

O liderado, determinante

Great Place to Work® lanzou tamén unha análise baseada nas respostas da enquisa Trust Index© realizada entre os máis de 830.000 empregados destas compañías europeas. E revela que a xestión do liderado mantén unha relación directa con ser un Best Workplaces. Segundo os empregados os factores do liderado que gustan son: a implicación dos traballadores na toma de decisións, para o que é determinante establecer o diálogo e unha comunicación aberta e transparente.  Valoran tamén positivamente que os directivos recoñezan os seus esforzos, que as súas accións sexan consecuentes coas súas palabras, ou que todos teñan a oportunidade de recibir un recoñecemento. Outro elemento diferenciador para eles é a repartición de beneficios corporativos, así como o espírito de equipo con eventos especiais.

Ademais, este estudo revela que homes e mulleres perciben os seus lugares de traballo de maneira diferente, sendo a valoración das mulleres menos positiva que a dos homes (-1.3 puntos porcentuais). As cuestións nas que existe unha maior brecha e son a compensación económica polo traballo realizado, a imparcialidade da xestión, a flexibilidade no traballo, e o equilibro entre o psicolóxico e emocional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)