Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 15% dos universitarios españois estuda 'online'



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE XUñO DE 2017 · (0)



Dos 1.532.728 matriculados no curso 2014-15 -últimos datos oficiais do Ministerio de Educación- un 15% fíxoo en universidades en liña. Pero este crecemento non é só o resultado da considerable oferta que temos, senón dun cambio de paradigma.


O 63% dos estudantes de máis de 30 anos que cursan estudos superiores faino online. O 28% ten entre 26 e 30 anos. Coa chegada de internet esténdese a idea de que a formación pode desenvolverse ao longo da vida, pensamento que, cos anos, foise consolidando e que todos os indicadores apuntan a que irá a máis.

Con máis lentitude tamén aumenta a cifra de estudantes en liña por baixo dos 25 anos, durante o curso 2014-15 alcanzaba xa o 9%. Unha cifra que irá a máis pois varios estudos de RRHH certifican que as empresas piden cada vez máis perfís que se formaron en liña, demostrando capacidades para o manexo das TIC, adaptabilidade e capacidade de organizar o seu propio plan de estudos. Da mesma maneira que agora se mira a televisión á carta, tamén se estuda á carta porque hai ferramentas didácticas que se axustan ás esixencias de tempo e contidos de cada alumno: un traxe a medida didáctico que acha nos Massive Online Open Courses (MOOC) un dos seus máis efectivas expresións.

O aumento da oferta formativa permite que cada vez máis estudantes poidan acceder aos contidos formativos e titulacións que desexan, sen moverse dos seus fogares. Por exemplo, se no curso 2013-14 o sistema universitario español ofrecía 207 másteres, no curso 2014-15 a cifra xa chegou aos 312.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)