Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Enxendra Technologies, primeira empresa galega certificada como colaboradora social da Axencia Tributaria para o SII



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XUñO DE 2017 · (0)



O organismo estatal asinou un convenio coa compañía coruñesa mediante o que a autoriza para a presentación por vía telemática de documentación tributaria en representación de terceiros, sendo éste un trámite necesario para poder dar o servizo de Subministro Inmediato de Información.


O Subministro Inmediato de Información é o novo sistema electrónico para a declaración telemática dos libros de rexistro de IVE. Céntrase principalmente na obriga de declarar electronicamente o detalle das facturas emitidas e recibidas enviando esta información á Axencia Tributaria (AEAT).

Enxendra Technologies é unha empresa especializada en firma dixital, factura electrónica e subministro inmediato de información. Nada na Coruña, actualmente conta con sedes na cidade herculina, Madrid e Barcelona, e traballa para grandes marcas como Desigual, Wolters Kluwer, Jazztel ou Grupo Planeta.

A solución técnica de Enxendra para el Suministro Inmediato de Información (SII) intégrase facilmente con calquera ERP ou programa de xestión, permitindo ás empresas cumprir cos requisitos do SII cos mínimos problemas posibles.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)