Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España é o cuarto país da UE en crecemento de emprego en 2017



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XUñO DE 2017 · (0)



Segundo as previsións de primavera da Comisión Europea, o conxunto de países da UE terá un crecemento moderado do emprego en 2017. A media situarase nun 0,9%, o que equivale a unha lixeira desaceleración respecto do 1,3% correspondente a 2016.


Unha serie de países, entre os que está España, lograrán unha taxa considerablemente por riba do promedio. Os dous postos máis destacados corresponden a Luxemburgo cun 3,1% e a Malta cun 3%. Irlanda ocupa o terceiro lugar cun 2,6%. Despois de anos nos que España sufriu caídas notables do emprego, a nosa economía volveu recuperar un forte crecemento do emprego grazas ás reformas realizadas. Para 2017, a Comisión Europea prevé un incremento do emprego neste país do 2,3%, co que nos situamos no cuarto lugar entre os países da UE.

Os Países Baixos rexistrarán un 1,7%, mentres que Suecia, Eslovaquia, Portugal e Grecia estarán entre o 1,5% e o 1,4%. Dinamarca acadará un 1,1%. En Austria e Alemaña o crecemento do emprego situarase no 1%. Levemente por debaixo da media quedaranse Francia (0,8%) e Italia (0,7%). O Reino Unido compartirá un 0,6% con Hungría, Lituania e Bulgaria. Finlandia rexistrará un 0,5%. Nos últimos lugares da clasificación figuran cinco países de recente adhesión á UE: Polonia (0,4%), República Checa (0,3%), Estonia (0,3%), Letonia (0,3%) e Romanía (01%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)