Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os impagos ameazan a supervivencia do 10% das empresas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XUñO DE 2017 · (0)



O 64% das compañías padece as consecuencias negativas da morosidade e o 26% sofre impagos significativos. Estas son algunhas das conclusións do Estudo da Xestión do Risco de Crédito en España elaborado por Crédito y Caución e Iberinform.


Un dos datos máis relevantes do estudo refírese ás consecuencias da morosidade, e advirte que unha de cada dez empresas está en risco de peche debido ao efecto dos incumprimentos de pago. Un aspecto positivo que aparece no informe é a redución paulatina, ao longo da crise, da bolsa de empresas que sofre impagos significativos, dende o máximo rexistrado en 2012 ao 26% de 2017.

O traballo rexistra por segundo ano consecutivo dende 2012 un empeoramento no comportamento dos prazos de pago. o 39% das empresas traballa con prazos inferiores aos 60 días que tratou de impulsar a Lei 15/2010 de Medidas de Loita contra a Morosidade, sete puntos menos que hai dous anos. Ademais, o 83% das empresas ten que aceptar prazos superiores aos desexados por parte dos seus clientes. A porcentaxe máis alta refírese ao 53% das compañías que teñen relacións B2B con grandes empresas, pero a capacidade das pemes para impoñer prazos de pago tamén afecta a unha porcentaxe significativa dos seus provedores, o 42%.

Os problemas de liquidez deixaron de ser o principal motivo que explica a morosidade empresarial. O retraso intencionado é a razón máis mencionada para explicar o retraso en pagos de clientes (53% das empresas), por diante da falta de dispoñibilidade de fondos (51%). Dito doutro xeito: a falta de vontade, por primeira vez dende que se realiza este estudo, pesa máis que a incapacidade de pago.

Por segundo ano consecutivo prodúcese un empeoramento das carencias na xestión de clientes entre as empresas españolas. O 22% das compañías, unha de cada catro, non utiliza criterios de solvencia na análise da súa carteira. Este indicador mantén unha sorprendente estabilidade ao longo da serie histórica, que non mellorou nin sequera nos peores anos da crise, un síntoma da desprotección estrutural do tecido empresarial fronte aos efectos da morosidade.

Flexibilidade dos prazos

O estudo reflicte tamén unha flexibilidade crecente dos prazos de cobro, como un elemento máis da relación comercial. O 83% das empresas, a maior porcentaxe rexistrada ao longo do estudo, permite aos seus clientes retrasos en pagos antes de considerar un crédito moroso e iniciar accións de recobro.

O informe aborda as metodoloxías de xestión do recobro utilizadas polas empresas e pon cifras a un feito coñecido entre os profesionais da xestión do risco de crédito: a porcentaxe de uso de recobro a través de personaxes disfrazados para provocar a notoriedade social do moroso non acada o 1%. O uso de provedores que se limitan ao recobro telefónico, centrado na fase amistosa, tamén é moi reducido. A efectividade do recobro B2B concéntrase en provedores que, ademais, cobren a posible fase procesal, como os seguros de crédito, os despachos de avogados ou as empresas de recobro integral.

En liña coa maior flexibilidade dos retrasos en pagos, apenas o 7% das empresas aplica xuros de demora de forma sistemática cando un cliente se retrasa, a menor porcentaxe da serie hístórica. O 55%, tamén a maior porcentaxe da serie, nunca aplica estes xuros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)