Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Premio Ada Byron para María José Talavera, directora xeral de VMware Iberia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE XUñO DE 2017 · (0)



O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (Cpeig) entregarallo este vindeiro venres. O galardón leva o nome da primeira programadora –filla de Lord Byron-, un xeito de facer visible o traballo da muller no mundo das matemáticas e a informática.


Talavera é licenciada en Informática pola Universidade Politécnica de Madrid. Ao longo de máis de 25 anos de experiencia a premiada co Ada Byron traballou con paixón por contribuír ao desenvolvemento as empresas mediante a tecnoloxía coa consideración da importancia do factor humano para conseguilo, “a diversidade nos equipos reflicte mellor a realidade da vida e contribúe de forma significativa á innovación”, sinala a galardoada.

Comezou a súa carreira profesional no sector TI en Lambda Internacional, unha multinacional americana de consultaría de TI. Posteriormente incorporouse á división Data Management de IBM, primeiro na área de servizos e despois na área de Software. Posteriormente converteuse na responsable de vendas de Software para o Sector Financeiro en IBM e despois na responsable de Vendas Globais para BBVA en IBM, onde se familiarizou  coas negociacións en contornas internacionais. No ano 2010 uniuse a Compuware, onde ocupou o cargo de directora xeral para España primeiro, e posteriormente tamén para Portugal, ata que se incorporou a VMware en marzo de 2012.

Quen foi Ada Byron

Foi unha escritora e matemática británica (1815-1852) -referíase a si mesma como unha científica poetisa e metafísica- que describiu a máquina analítica de Charles Babbage e está considerada como a primeira programadora de computadores.  O seu pai foi o coñecido poeta Lord Byron, e a súa nai, Anne Isabella Noel, poeta e tamén matemática.

A entrega do galardón que leva o seu nome será nos Premios da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia este venres en Santiago de Compostela, punto de encontro entre todos os colexiados, que son máis de 350.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)