Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As familias numerosas critican que se rebaixe o IVE de discotecas e non o dos cueiros



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE XUñO DE 2017 · (0)



A Federación Española de Familias Numerosas considera inaudito que os produtos de hixiene infantil soporten o tipo más alto, o 21%, igual que as xoias ou os cosméticos e máis do dobre que os restaurantes ou as viaxes.


A entidade familiar critica duramente que se rebaixe do 21% ao 10% o imposto das consumicións nos bares e locais nocturnos mentres se mantén o IVE dos cueiros, un produto que, a pesar de ser básico para a hixiene infantil, soporta o tipo máis alto deste tributo (21%). A FEFN leva anos pedindo a rebaja deste imposto nos cueiros, por considerar totalmente desmedido que estean gravados co 21%, cando se trata dun artigo imprescindible que usan a diario millóns de familias.

Pola súa banda, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade hai un ano rebaixar o IVE dos cueiros ao tipo superreducido do 4% mediante unha proposición non de lei de iniciativa popular proposta pola Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan). Esta proposición trasladouse ao Parlamento español e está pendente de aprobación. Paralelamente, a FEFN desenvolveu o ano pasado unha campaña en Change.org coa que logrou máis de 182.000 firmas, que foron entregadas no Congreso dos Deputados. As sinaturas ían dirixidas ao presidente do Goberno, xunto á petición de defensa no seo do Ecofin (Consello de Asuntos Económicos da Unión Europea) desta demanda popular. O obxectivo é lograr que, exerciendo presión dende os estados membros, se cambie a directiva europea que impide a estes establecer o IVE superreducido para os cueiros. Algúns países, como Portugal ou Polonia, decidiron rebaixalo e foron sancionados por iso.

O Goberno informou á FEFN da imposibilidade de rebaixar o IVE dos produtos infantís, indicando que “a norma europea non permite a aplicación de tipo reducido algún aos cueiros infantís, que tributan ao tipo xeral do imposto do 21%”. Pola súa banda, a FEFN non entende as razóns polas que a UE estableceu que os cueiros non entren no grupo de produtos que poden ter un IVE reducido do 10%, como é o caso dos artigos de hixiene feminina (compresas e tampóns) ou os cueiros para adultos. Así, a FEFN considera que os estados membros ten que exercer presión suficiente para que este asunto se desbloquee. Por iso, pide ao Goberno español que presente esta demanda popular na próxima reunión do Ecofin, que terá lugar mañá.

“É totalmente inxusto e ridículo que os cueiros, un produto necesario para os nosos fillos, teña a mesma carga impositiva que artigos como as xoias ou os cosméticos. Levamos anos denunciando esta situación absurda e agora atopámonos con que o Goberno ten a intención de rebaixar o IVE das consumicións nas discotecas e salas de festa, que pasarían do 21 ao 10%, o que nos parece xa inaudito”, explica a presidenta da FEFN, Eva Holgado.

Impacto na economía familiar

O gasto en cueiros ten un impacto importante na economía das familias. Aínda que o prezo final depende da idade do bebé e marca dos cueiros, o gasto sitúase de media nuns 50 euros ao mes para un neno, cantidade que hai que afrontar dende que naceata aproximadamente os dous anos de vida do cativo. No caso das familias numerosas, con tres ou máis fillos, este desembolso económico duplícase ou triplícase, prolongándose ao longo dos anos, e en familias con partos múltiples, o custo tamén se eleva enormemente, xa que teñen que multiplicalo á súa vez por dous ou por tres, o que supón afrontar todos os meses 100 ou 150 euros só en cueiros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)