Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A metade dos españois cre que traballar dende casa pode diminuír o seu rendemento profesional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE XUñO DE 2017 · (0)



O 40% pensa que xera moitas distraccións, entre as que destacan as que provocan a familia ou os compañeiros de piso (44%). Outras desvantaxes son sentirse aillado, podendo resentirse a súa vida social (27,8%), ou que o equipo que necesitan para traballar é demasiado caro (24,5%).


Traballar dende casa cada vez está máis estendido entre os españois, pois segundo un estudo de Spaces, empresa que ofrece espazos de traballo, o 19,7% dos entrevistados adoita traballar dende o seu fogar durante a maior parte do tempo. Pero, é este modelo de traballo realmente produtivo? O estudo revela que a metade dos españois (50,3%) cre que traballar dende casa pode diminuír o seu rendemento profesional.

O estudo, realizado entre unha mostra de máis de 1.000 españois maiores de 18 anos, revela tamén que entre as distraccións máis recorrentes está a preocupación por realizar tarefas domésticas aproveitando a estancia en casa (25,9%) ou as redes sociais (17,6%). Ademais, o 32% dos entrevistados vai de media dúas ou tres veces a picar algo á neveira cada día de traballo, e incluso un de cada dez españois vai á cociña máis veces das que lle gustaría recoñecer cando traballa dende casa.

Segundo Philippe Jiménez, country manager de Spaces en España: “Moitos emprendedores deciden comezar o seu negocio instalando a súa oficina en casa, sen contar a gran cantidade de distraccións coas que van perder moito tempo, reducindo a súa produtividade. Os espazos de traballo colaborativo son unha forma de traballo que combina comodidade, flexibilidade e innovación, no que os profesionais poden crear un negocio exitoso sen necesidade de dispoñer dun posto fixo de oficina convencional”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)