Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Brexit, un ano despois



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE XUñO DE 2017 · (0)



O inesperado resultado das eleccións británicas anuncia un novo período de incerteza que intensifica os efectos negativos da saída do Reino Unido da UE. Así o advirte un informe de Crédito y Caución no que se analiza a conexión entre as insolvencias europeas e o recente proceso electoral británico.

“A economía do Reino Unido foi sorprendentemente resistente. Tras o shock inicial, a confianza recuperouse rapidamente e os consumidores seguiron apoiando o sólido crecemento económico. A forte depreciación da libra esterlina tamén contribuiu ao maior crecemento, impulsando as exportacións manufactureiras en particular. Sen embargo, a libra débil tamén comezou a debilitar o impulso e a pesar no gasto dos consumidores”, explica o informe.

A pesar desa resistencia, en 2016 as insolvencias empresariais medraron, por primeira vez dende 2011, en Reino Unido un 1%. “Esperamos que a tendencia actual se manteña e incluso se intensifique durante o resto do ano. Prevemos que o número total de insolvencias a nivel nacional aumente un 6% en 2017 e un 8% en 2018”, di o informe.

Ese efecto sobre o crecemento e as insolvencias estenderase a outros países europeos. “Esperamos que os efectos negativos aumenten ao longo do resto do ano e en 2018 a medida que as negociacións se intensifiquen, especialmente se se mantén a incerteza sobre a posibilidade de acadar un acordo. En termos de vínculos económicos e financeiros co Reino Unido, Irlanda, Países Baixos e Bélxica son os más vulnerables. A estes países séguenlles Francia, Alemaña e España”, afirma o informe, que cifra en 0,3 puntos o impacto do Brexit sobre o crecemento das insolvencias en España.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)