Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Traballo temporal? Si, grazas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE XUñO DE 2017 · (0)



Comezamos a época das subsitucións de verano, ofertas que xurden e que, ademais do salario, suman experiencia. Pero moitas veces son tamén unha oportunidade para que as empresas poidan valorar seguir contando co ou coa substituta de forma permanente.


A porcentaxe de candidatos con contratos temporais que se converteron en indefinidos creceu: rolda un 30% no último ano. Unha maior actividade no mercado laboral que xa é notable é a que provoca esta cifra.

Malia que adoita asociarse este tipo de contratacións con perfís pouco cualificados a realidade é moi distinta: son moitas as empresas que optan por activar os seus procesos de selección para todo tipo de responsabilidades en época estival. En concreto, Page Personnel, consultora especializada na selección de mandos intermedios e persoal cualificado, asegura que xa incrementou a súa actividade un 45% con respecto ao 2016. 

En canto á imaxe que pode dar un candidato ao traballar de forma temporal, “é moi positiva porque indica unha gran capacidade de adaptación" declara Iñigo Fernández, director da consultora. En relación aos requisitos para cubrir estes postos, requírese obviamente dispoñibilidade inmediata e boa actitude, pero tamén capacidade para adaptarse de forma rápida a diferentes contornas e de aprendizaxe. Con respecto aos anos de experiencia demandados poden ir desde categorías máis senior ata perfís máis junior, depende das necesidades.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)