Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O futuro do sector público: a descentralización, o 'crowdsourcing' e o cidadán “empoderado”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE XUñO DE 2017 · (0)



Apps para a xestión de residuos e para pagar o transporte público, crear un ambiente no que os negocios poidan tirar adiante co apoio do goberno pero sen o obstáculo do goberno, ou Wifi gratis aos barrios que menos contaminen son ideas que están sobre a mesa e algunhas xa operativas.


ICEMD -o Instituto da Economía Dixital de ESIC Business & Márketing School-, vén de facer público un interesante informe sobre as tendencias dixitais máis relevantes da Administración Pública. Joost van Nispen, Fundador e Presidente do Instituto, presentaba en Madrid o informe hai un par de días xunto a Coolhunting Group, representada pola súa CEO Lourdes Rodríguez.

 “A economía desenvólvese en ciclos e países como España, Francia, Reino Unido e Estados Unidos entraron na fase de recuperación o que implica que as súas políticas buscan mellorar a situación con servizos aos cidadáns. E os gobernos están a darse conta de que os datos e o coñecemento son a base do seu futuro”, dixo van Nispen. “A maioría teñen o desexo de conseguir ciudades onde os edificios, transportes e servizos sexa máis eficientes”, destacou Lourdes Rodríguez. “Pero a eficiencia vén precedida da interconectividade”.

Estas son as tendencias emerxentes

Dixitalización. Permite redistribuír os recursos. Algúns exemplos destas integracións tecnolóxicas son Apps para xestión de residuos ou para pagar o transporte público, ou as innovacións nos corpos de seguridade, en especial en aeroportos.

Transparencia. A finalidade é facer das institucións públicas un organismo máis eficaz mediante a disposición de datos online de forma gratuíta o que permite utilizalos para calquera propósito. Isto pode conducir a servizos novos ou mellorados, e a novas ideas.

Nova Economía. Consiste en facilitar aos emprendedores unha nova xestión de traballo, xeración de incentivos económicos e colaboración coas asociacións sen ánimo de lucro para que sexan máis fortes, máis aló dunha simple subvención. Ademais trátase de crear un ambiente no que os negocios poidan esforzarse co apoio do goberno sen o obstáculo do goberno.

A Era Verde. O boom que tivo na última década a área ecolóxica (alimentación, construción, consumo ou moda) impactou directamente no sector público priorizando o ben común e a saúde. Algunhas propostas que algúns países adaptaron é a redución de taxas para coches eléctricos ou a disposición de Wifi gratis aos barrios que menos contaminen.

Fomento da Innovación. Os países adoptaron diversos enfoques a nivel nacional para fomentar a innovación do sector público: desde o desenvolvemento de estratexias ata a creación de estruturas para apoiar ás organizacións nos seus procesos.

Cidadán Experto. A participación dos cidadáns na prestación de servizos públicos pode conducir a unha maior satisfacción reducir custos. O crecemento da comunicación en redes permite a toma de decisións de forma participativa mediante o open-data, consultas online e as múltiples canles das TIC.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)