Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEL entrega diplomas de pilotaxe de drons



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE XUñO DE 2017 · (0)



A sede central da patronal luguesa acolleu hoxe o acto de entrega dos títulos acreditativos dun organizado co apoio da Xunta no marco dos programas formativos para traballadores da industria 4.0. No curso participaron unha vintena de alumnos.


Tras o curso os asistentes obteñen unha dobre certificación: en “Internet das cosas” e en “Manexo de vehículos aéreos non tripulados” (RPA/drons). No acto de entrega de diplomas estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández, e o secretario da CEL, Jaime López.

Na súa intervención , José Manuel Balseiro lembrou que a implantación da industria 4.0 se considera estratéxica e que, por tanto, “a industria 4.0 será prioritaria nas próximas convocatorias de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria”. Pola súa banda, o secretario da CEL fixo fincapé en que a industria 4.0 é “unha das áreas nas que se prevé un maior incremento de emprego e creación de empresas dos próximos anos: todo o que ten que ver coa industria 4.0, en realidade unha nova revolución industrial, está marcando xa, non o futuro, senón o presente das nosas empresas”.

Ambos coincidiron en resaltar a necesidade de que as empresas afronten con éxito o reto de adaptarse á industria 4.0 e a importancia que ten para iso acadar unha boa cualificación dos traballadores nesta materia. O curso levaba por título: Aproximación didáctica ao Internet das cousas. Aplicacións e manexo de sistemas non tripulados”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)