Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Cámara de Santiago busca novos proxectos co ICEX



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE XUñO DE 2017 · (0)



O presidente da Cámara de Comercio de Santiago reuniuse hoxe co director territorial de Comercio do ICEX en Galicia para analizar a posibilidade de avanzar na cooperación entre ambas institucións e desenvolver conxuntamente talleres de formación sobre comercio exterior

 


O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Jesús Asorey Carril, e o secretario xeral da entidade, Fernando Barros, mantiveron hoxe un encontro institucional co director Territorial de Comercio do ICEX Galicia, Sergio Prieto López, e o director Provincial de Comercio da Coruña do ICEX, Pedro Freire, na sede da entidade compostelá.

Durante o encontro os responsables da cámara analizaron as posibilidades de avanzar nas relacións entre ambas institucións e acordaron a posibilidade de realizar conxuntamente talleres formativos en materia de comercio exterior.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)