Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un 62% do emprego parcial en España é involuntario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2017 · (0)



No conxunto da Unión Europea, un 27,7% dos traballadores a tempo parcial preferirían traballar máis horas, segundo unha enquisa realizada en 2016. Non obstante, obsérvanse grandes diferenzas entre os países comunitarios.


Por unha banda están os países onde o emprego a tempo parcial goza de notable aceptación e se elixe voluntariamente como modalidade de traballo, como é o caso de Bélxica, Estonia, Alemaña e Austria, entre outros. Pola outra, figuran unha serie de países membros da UE -entre os que está España- onde gran parte do emprego a tempo parcial é involuntario, porque o contratado non puido conseguir máis horas de traballo.

En Grecia un 72% dos empleados a tempo parcial preferirían traballar máis horas, figurando a continuación Chipre cun 69,3% e Italia cun 64,3%. España é o cuarto país da UE con maior proporción de traballo a tempo parcial involuntario. A un 61,9% dos empregados a tempo parcial no noso país gustaríall traballar máis horas. En Portugal o emprego a tempo parcial involuntario supón case a mitade.

As cifras van baixando a un 44,2% en Francia e sitúanse na contorna do 35% en Letonia, Eslovaquia e Finlandia. Irlanda, Croacia, Hungría e Suecia tamén están entre os países que superan a media da UE, mentres que Polonia xa se sitúa levemente por debaixo. No resto de países da UE, o emprego a tempo parcial é unha modalidade de traballo consolidada cunha reducida porcentaxe de contratados que preferirían traballar máis horas. Nos Países Baixos o traballo a tempo parcial involuntario só supón un 9,9% e en Bélxica un 8,8%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)