Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Antonio Couceiro recibe a Medalla de Honra do Colexio de Enxeñeiros de Camiños



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2017 · (0)



O ex-conselleiro recolleuna nun acto celebrado na sede de Madrid de mans do Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna. A proposta partiu da Demarcación de Galicia e foi ratificada pola Xunta de Goberno. Couceiro preside a Cámara de Comercio da Coruña e é conselleiro Independente de Inveravante e Nueva Pescanova.


O enxeñeiro coruñés dixo tras a recollida do premio -que foi este venres- que "para min ten unha importancia singular recibir un recoñecemento dos meus compañeiros, supón un acicate para continuar traballando na mesma liña".

A distinción recoñece o labor realizado por este enxeñeiro vencellado tamén durante anos á política e licenciado en Camiños, Canais e Portos en 1978. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez, director xerente de Xestión Urbanística da Coruña, director xeral do IGVS, de Formación e Emprego; e conselleiro de Industria a finais dos anos 90. Os enxeñeiros recoñecen o seu "incuestionable mérito as achegas ao prestixio da profesión e consideran que prestou servizos destacados ao colectivo. O colexio outorga ao ano un máximo de seis medallas de Honra a colexiados.




Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)