Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dolores Cortina coordinará un dos maiores experimentos mundiais sobre física nuclear



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2017 · (0)



A profesora da USC e integrante do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías traballará nun dos obxectivos máis importantes do FAIR: un centro que ten os máis potentes aceleradores de antiprotóns e ións e que se está construíndo en Alemaña por un consorcio internacional que achega 1.500 millóns de euros.


Este espazo de investigación en física nuclear estase construindo nas lindes do complexo GSI en Darmstadt e funcionará como laboratorio de acollida para máis de 3.000 investigadores de 50 países sobre física nuclear. De España máis de medio cento de investigadores do CSIC, o CIEMAT e as universidades Complutense de Madrid, Granada, Huelva, Politécnica de Barcelona, Sevilla, Santiago e Vigo participan nos seus programas científicos.

Cortina dirixirá a posta en funcionamento dun deles a partir de 2018: o R3B, liderando unha colaboración na que participan 230 investigadores de 15 países. Varios centros de investigación participan neste experimento dende o seu inicio, centrándose na construción dun dos seus compoñentes, o calorímetro CALIFA, onde se mide a enerxía das partículas. Dolores Cortina foi responsable tamén do deseño e construcción de CALIFA, outro dos fitos dunha traxectoria que valeulle coordinar agora a fase final de todo o experimento cuxo custe total ascende a 25 millóns de euros.

R3B permitirá investigar cuestións cruciais para a física nuclear como as propiedades dos núcleos atómicos. A física deberá conducir á colaboración internacional do experimento R3B ata a operación completa, e comezará en 2018 coa realización dos primeiros experimentos, algúns dos cales liderará o equipo da Universidade de Santiago de Compostela.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)