Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como son os espazos Workspace 3.0?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2017 · (0)



Teñen dende pantallas táctiles de gran formato ás clásicas pizarras brancas. O concepto de espazo individual dá paso a espazos para o traballo en equipo e a interactividade. As salas de reunións e os postos fixos mudan cara espazos cómodos e abertos para un uso máis flexible.


Hai zonas de descanso e pequenos espazos para traballar de forma individual e grupal. Cóidase moito o deseño, con colorido, para que transmita unha imaxe positiva. E as ferramentas de comunicación visual e dixitais teñen moita presenza.

Para conseguir esta transformación espacial Stephen Bernard, responsable da marca Legamaster en España, fai estas recomedacións:

1.    Dispoñer dunha ou varias pantallas táctiles e móbiles nas que interactuar de forma presencial e remota. As novas e-screens funcionan como unha tablet xigante con opcións de conexión a vídeo-conferencia e conéctanse tamén simultaneamente a dispositivos móbiles e Internet. “Son ideais para reunións de traballo, brainstorming e workshops onde toda a información que se xera e intercámbiase é dixital”, explica Bernard.

2.    Software colaborativo intuitivo e multi-plataforma. Para conseguir axilizar as reunións debe ser utilizado á vez por todos os membros da reunión. Cada participante pode conectarse.

3. Lousas de cristal, pizarras brancas, rotafolios dixitais ou cristais rotulables: a tecnoloxía dixital non substitúe necesariamente aos recursos tradicionais. Hai quen prefire usar rotuladores de fácil borrado, rotuladores de neon ou de xiz líquido sobre lousas de cristal. Poden ser aliados perfectos.

4.    Un planning de obxectivos e deadlines: é primordial que todo o equipo teña clara a planificación do traballo. Unha visión conxunta que permita ver como os obxectivos individuais posibilitan o proxecto común. Hai lousas brancas magnéticas preimpresas con retícula a modo de axenda para facilitar a exposición de proxectos e datas. “Nunha mesma lousa podes planificar calquera proxecto a curto, medio ou longo prazo e debuxar unha táboa con tiras adhesivas que calquera pode engadir ou quitar tendo todo a un golpe de vista", asegura England.

5.       Mobilidade: existen tamén notas que se adhiren a calquera superficie por electricidade estática, unha ferramenta limpa, sen adhesivo, rotulable e borrable en varios tamaños e cores. Pode cambiarse de sitio repetidas veces.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)