Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un de cada tres galegos gastará máis de 100 euros nas rebaixas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2017 · (0)



Segundo un estudo realizado polo comparador de prezos idealo.es o 34,7% dos habitantes desta comunidade autónoma gastará máis desa catidade na vindeira campaña, o que os convirte nos oitavos de España que maior porcentaxe acadan nese sentido. Navarra, Estremadura e Cataluña son as rexións nas que se fará máis gasto.


Quedan poucos días para que den comezo as rebaixas de verán, época que aproveita a maioría dos consumidores para adquirir as prendas máis desexadas aos mellores prezos. Segundo o estudo de idealo.es, o 23,1% dos españois gastará entre 100 e 200 euros, o 6,6% investirá entre 200 e 300 euros, e o 3,6%, máis de 300 euros. Por debaixo, o 37,5% gastará entre 50 e 100 euros, mentres que o 18,4% terá un gasto menor de 50 euros.

O estudo, realizado partir dunha mostra de máis de 1.000 españois maiores de 18 anos de toda a xeografía española, revela que a gran maioría dos cidadáns deste país aproveitará esta tempada para darse algún capricho ou comprar algún produto que necesita a un prezo menor. De feito, o 89,2% dos entrevistados confesa que comprará algo nas próximas rebaixas.

Por comunidadesautónomas, Navarra é a rexión que fará maior gasto esta tempada, xa que o 66,67% dos navarros gastará máis de 100 euros. Séguenlle Estremadura cun 48% e Cataluña, onde o 39,85% dos cataláns declara que realizará un gasto que supere esa cantidade nas próximas rebaixas. Polo contrario, a comunidade que vai realizar un menor desembolso será Murcia, onde só o 10% dos murcianos manifesta a súa vontade de gastar máis de 100 euros nas próximas semanas.

Comparar prezos

“As rebaixas de verán son unha das principais tempadas para o consumo, xa que podemos aforrar moito diñeiro á hora de comprar os produtos que necesitamos”, comenta Mikko Fiorani, head internacional de idealo.es. Sen embargo, engade que “é importante comparar prezos durante as rebaixas porque moitas tendas, a pesar de que ofrecen grandes descontos durante este período, seguen tendo precios más altos. En cambio outras, aínda que o seu desconto nas rebaixas non sexa tan elevado, terán o prezo final máis baixo do mercado. É importante non deixarse levar só pola porcentaxe da rebaixa e comparar o prezo final das diferentes tendas online”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)