Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Axudas para as novas empresas de Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 19 DE XUñO DE 2017 · (0)



As novas empresas de Santiago xa poden solicitar as axudas de Compostela Móvese, un programa que conta con dúas grandes liñas de traballo, unha de axudas a novas empresas, e outra de actividades de dinamización económica, cun orzamento total de 235.000 euros.


A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi a terceira edición de Compostela Móvese, programa que naceu no 2015 e que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principiais fortalezas da cidade.

O programa ten dúas grandes liñas de actuación diferenciadas. Por unha banda, unha liña de axudas á creación de empresas que busca apoiar o crecemento apostando polos sectores económicos definidos como claves para o desenvolvemento sostible do Concello; por outra banda, unha liña de actividades de dinamización económica que parte da base da riqueza en coñecemento, profesionais e ideas de Santiago e busca artellar espazos de intercambio, formación e crecemento.

Axudas a novas empresas 

Esta liña conta cun orzamento de 80.000 euros. Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que comezaran a súa actividade entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de maio de 2017 e que teñan a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago, sempre e cando a actividade empresarial iniciada supoña o autoemprego, cando menos, de unha das persoas promotoras da mesma.

Dinamización económica 
A liña de actividades de dinamización económica de Compostela Móvese conta cun orzamento de 155.000 euros. Inclúe, entre outras, as seguintes accións.

Aposta por ti: Servizo de Consultoría permantente con accións formativas puntuais para persoas que queiran emprender. Incorporarase en todas as accións a priorización dos modelos de economía social e a aposta polos sectores económicos descritos nos obxectivos do programa.

Invest Compostela: Elaboración de proxectos comprometidos no acordo de reindustrialización do Polígono do Tambre. Actividades de consultoría na captación de fondos europeos, accións de promoción da cidade como espazo para empremento e investimento con especial atención aos sectores priorizados no Acordo para a reindustrialización de Compostela. Elaboración da Guía Invest Compostela e informes de coxuntura económica. Dinamización do Escaparate empresarial.

Efecto Proximidade: Programa de dinamización e mellora de competitividade dos mercados do de Santiago, en especial o mercadiño de Salgueiriños e o Mercado de Abastos de Santiago a través de medidas como unha programación especial de actividades lúdicas e formativas en datas sinaladas, dirixidas a un público familiar, para favorecer a presenza de familias nos mercados.

Finalmente tamén haberá unha liña de promoción das industrias creativas na cidade a través do patrocinio da Galicia Maker Faire que se realizará en Santiago de Compostela. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)