Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un de cada catro mozos cre que a clave para atopar traballo está nos contactos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Unha enquisa realizada por Adecco entre 1.800 mozos amosa que a xuventude é optimista, xa que oito de cada dez entrevistados cren que atoparán un posto de traballo nun prazo inferior a seis meses, e o 24,8% deles mesmo inmediatamente despois de rematar os seus estudos.


Na actualidade, atopar un emprego segue sen ser tarefa fácil. Non obstante, os mozos entrevistados cren que depende en gran medida de ter contactos. Ao menos así o expresou o 24,6%. Tamén a experiencia é un aspecto clave para o 22,8% e o 12,3% opina que atopar traballo se debe aos méritos académicos.

De aquí a cinco anos, a práctica totalidade dos entrevistados (o 95,6%) non só cre que terá traballo, senón que ademais está convencida de que estará relacionado coa súa formación. Por outra banda, o 35,9% dos entrevistados opina que a formación que máis valoran as empresas son os cursos de especialización e, tras estes, os títulos de máster ou postgrao (19,7%), os estudos universitarios (16,2%) e os estudos de FP ou grao medio ou superior (16,2%).

Co obxectivo de incrementar a súa empregabilidade, case nove de cada dez mozos (o 86,8%) están dispostos a traballar en diferentes empresas, a ter diferentes postos de traballo e a desempeñar funcións diversas. Así mesmo, a maioría de mozos tamén estaría disposta a desenvolver unha parte da súa carreira profesional fóra de España. De feito, o 69,3% faríao co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e o 16,7% pensaríao se non atopase un emprego no país.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)