Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España está a 3,8 puntos de cumprir o obxectivo de renovables para 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Está no posto 14 entre os 28 países da Unión Europea cun 16,2% da demanda cuberta por este tipo de enerxías. A dixitalización do sector preséntase como unha evolución necesaria para cumprir os obxectivos nos próximos tres anos.


España deberá realizar un sprint final se quiere cumprir os obxectivos en materia de enerxías renovables que fixa a Unión Europea. Estes compromisos foron marcados para todos os países da UE, impoñendo como meta que ao menos un 20% da enerxía consumida en cada estado membro proviñese de fontes renovables. Segundo os datos que manexa Kaiserwetter, empresa internacional adicada á xestión técnica e comercial de parques eólicos e fotovoltaicos, España atópase actualmente a cinco décimas da media europea de demanda cuberta por enerxías renovables e a 3,8 puntos do obxectivo de 2020.

Aínda que durante os primeiros anos da entrada en vigor da directiva España viviu un boom das renovables que nos encamiñou a cumprir o obxectivo, pasando en dez anos dun 9,2% en 2006 ao actual 16,2%, a situación cambiou despois de case tres anos cun investimento case nulo, a crise económica e as trabas legais como o coñecido “imposto ao sol”. Para reverter esta tendencia e cumprir os obxectivos legais europeos, o Goberno adxudicou en apenas un ano e medio un total de 8.737 MW de nova potencia verde. Só no mes de xullo, o Ministerio de Enerxía adxudicou a un grupo de 40 empresas un total 5.037 MW (3.909 MW a instalacións fotovoltaicas e 1.128 MW a eólicas) e proximamente realizará outra subasta para as illas.

Compañías adicadas á xestión deste tipo de instalacións sinalan que este cambio de tendencia volverá situar a España, actualmente quinto produtor de renovables da UE, como referente dos investidores e que, por iso, é o momento de que os actores invistan en novas ferramentas dixitais. Por outra banda, é previsible que esta reactivación conleve unha caída dos prezos do mercado maiorista.

Se todas as instalacións para a nova potencia asignada polo Goberno se constrúen de aquí a 2020, España cumprirá os compromisos da UE, pero a estreita marxe de tempo para a montaxe de todas estas plantas presenta complicacións loxísticas que sitúan a estas ferramentas dixitais como parte dun proceso irreversible e unha opción obvia para superalas mediante optimización, eficiencia e aforro en custos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)