Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Vivimos nunha das comunidades máis seguras de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Estamos 16 puntos por debaixo da media nacional e dende 2012 nos mantemos nunha liña descendente na taxa de criminalidade por cada 1.000 habitantes. Sen embargo, hai unha diferenza de nove puntos entre as provincias da Coruña e Lugo.


Na Coruña esta taxa de delictos sitúase en 29,2; en Lugo, en 20,5; en Ourense, en 22,9; e en Pontevedra en 28,9. Así o recolle o Ministerio do Interior, que colgou esta mañá na súa web os datos do primeiro semestre do ano, incluíndo os referidos ás capitais de provincia e cidades de máis de 30.000 habitantes.

O balance mostra infraccións penais, delitos e faltas coñecidas polos distintos corpos policiais. Os resultados sitúan de novo a Galicia como a cuarta comunidade autónoma con menor taxa de criminalidade (infraccións penais por 1.000 habitantes), situándose en 27,3 puntos. A taxa de criminalidade galega permanece moi por baixo (en -16 puntos) da media nacional, que é de 43,3. coñecéronse en Galicia un total de 35.883 delitos e faltas, un descenso da criminalidade do -0,7%, pequeno, pero descenso.

Na provincia da Coruña, o total de infraccións penais sobe un 1,3% (pasa de 15.677 a 15.884 infraccións penais). Os repuntes rexistrados na provincia aprécianse nos delitos relacionados con drogas cunha subida do 20,4%. Destaca, con todo, a redución do 17,2% en roubos con violencia e intimidación, así como dun -33,3% en asasinatos e homicidios dolosos consumados.

En Lugo, as infraccións penais descenden un 5,3% con 3.326 infraccións. O maior descenso global prodúcese nos delitos contra o patrimonio cun 6,3% menos, e nun apartado no que destaca o descenso do 41,8% nos roubos con forza en domicilios, un -16,7% en roubos con violencia en domicilios e un 100% menos en delitos de branqueo de capitais. Do mesmo xeito descenden nun 50% os delitos relacionados con pornografía infantil e corrupción de menores respectivamente, e en -18,5% o tráfico de drogas.

En Ourense, a taxa de criminalidade descende cun 22,9. Do mesmo xeito descenden nun 5,6% as infraccións penais por cada 1.000 habitantes (de 3.760 pasan a 3.549). Nesta provincia tamén descenden os roubos con forza en domicilios, establecementos e outras instalacións nun 29,4 % e os furtos nun -10%.

E na provincia de Pontevedra a taxa de criminalidade mantense, do mesmo xeito que no primeiro semestre de 2016, nun 28,9, mentres que as infraccións penais por cada 1.000 habitantes baixan un 0,4%. Baixan significativamente os roubos con violencia en domicilio cun 37% menos e un 16% menos nas subtraccións de vehículos. Aumentan os homicidios e asasinatos consumados (4 neste semestre fronte a un no mesmo período de 2016), mentres que os casos de corrupción de menores baixan nun 100%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)