Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O que muda a nova Lei Hipotecaria



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Os hipotecados galegos terían que pagar 550 euros máis ao ano se non contratasen os produtos vinculados que lles ofrece o banco: seguros, plans de pensións ou cartóns. Pero a nova lei que verá a luz despois do verán trae cambios de protección do consumidor.


Por exemplo pprohibirá as vendas vinculadas pero permitirá as vendas combinadas: é dicir, impedirá que unha entidade obrigue ao consumidor para contratar produtos extra coa súa hipoteca pero permitiralle ofrecerllos por separado, a cambio dunha bonificación, como xa sucede agora.

A día de hoxe o 100% das entidades financeiras require que o cliente contrate unha media de cinco produtos para poder acceder ao interese máis baixo. Os máis habituais son a domiciliación da nómina (requirida no 100% das hipotecas), a contratación dun seguro de fogar e dun de vida (ambos, presentes no 90% das ofertas), realizar certo consumo con cartóns e contratar e realizar achegas a plans de pensións (ambos, no 43% das ofertas).

Agora ben, esta subida non se produce de golpe: dependendo dos produtos que se rexeite contratar a subida será maior ou menor. O maior encarecemento produciríase se o consumidor decide non domiciliar a nómina no banco ao que pedirá a hipoteca: nese caso, o interese que paga aumentaría en 0,7 puntos. Tras esta vinculación está a contratación dun seguro de vida (+0,4 puntos) e dun seguro de fogar (+0,3 puntos). Na práctica rexeitar toda a vinculación proposta polo banco provocaría que a cota anual que un galego paga pola súa hipoteca aumentase en 548 euros ao ano, o que supoñería abonar 12.075 euros máis ao final da vida do préstamo. No caso dunha a tipo fixo o encarecemento sería aínda maior: a cota anual a pagar subiría, de media, 592 euros ao ano.

 “O principal problema da vinculación hipotecaria reside na súa falta de transparencia. Aínda que a maioría dos bancos informa do que se encarecería o seu préstamo se non acepta a vinculación proposta un 33% non desagrega esa información: o consumidor non sabe se lle conviría máis non contratar un seguro que un plan de pensións. Ademais, existe escasa información sobre os propios produtos vinculados, o seu prezo e as súas características, algo que impide botar contas para saber se  convén vincularse ou se se pode aforrar diñeiro contratando o mesmo produto con outra entidade ou aseguradora distinta” resume a voceira de Finanzas Persoais de Kelisto.es Estefanía González.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)