Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O superávit comercial galego durante os primeiros catros meses de 2017 chega aos 1.751 millóns



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



As nosas exportacións séguense concentrando principalmente na UE (o 73%): Francia e Portugal representan un 19% e 12% pero medran Italia e Alemaña e chegan novos destinos como Eslovaquia, Croacia e Ucraína. Tamén son referentes os mercados de Perú, Colombia e México.


O superávit débese especialmente aos saldos moi favorables que contabilizaron durante estes primeiros meses do ano as balanzas comerciais de dous sectores: manufacturas de consumo e bens de equipo, ambos con taxas de crecemento por riba do 10%.

Segundo os datos do Informe de Comercio Exterior en Galicia xaneiro-maio 2017 da Dirección Territorial de Comercio e o ICEX en Galicia, o superávit comercial galego ten unha taxa de cobertura nun 124% e séguese concentrando nas provincias da Coruña e Pontevedra: A Coruña xerou o 48% e Pontevedra o 45%, mentres que Ourense e Lugo contribuíron co 4% e 3 %. A Coruña creceu a un ritmo moi forte (19%) e Ourense fíxoo a un ritmo alto (9%); en cambio, a subida foi máis moderada EN Pontevedra (4%) e permaneceu estancada en Lugo.

Cales son os principais sectores

Os de maior incidencia na exportación son: manufacturas de consumo (29%, dos cales destaca a confección-téxtil), automóbiles (19%), bens de equipo (16%, destaca materiais de transporte por estrada), alimentación (13%, destacando a pesca) e semimanufacturas (12%, con especial importancia de produtos químicos e metálicos).

Tamén medra moito a exportación a Iberoamérica nas que a evolución interanual sinala un crecemento do 74%. Perú, Colombia, México están a rexistrar taxas por riba do 100%; destacando Perú cun incremento do 732%, seguido de Arxentina e Ecuador (con taxas de crecemento do 80%).  E medran tamén notablemente as exportacións a Marrocos e Qatar. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)