Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O prezo da vivenda de segunda man en Galicia baixa un -0,6% en xullo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Sitúase en 1.596 euros por metro cadrado, un valor que que está un -6,1% por debaixo da media española, situada en 1.700 euros por metro cadrado. Lugo é a única provincia galega na que sube o prezo: un 0,8%, mentres que na Coruña e Ourense se mantén estable e en Pontevedra cae un -1,2%.


Segundo os datos do Índice Inmobiliaro fotocasa, a pesar de que o mercado inmobiliario se está recuperando en toda España, como así indican os datos correspondentes á primeira metade do ano, en Galicia o prezo medio da vivenda de segunda man sufriu unha baixada do -0,6%, unha caída que fundamentalmente vén producida pola redución do custo medio na provincia de Pontevedra. E isto fai que o prezo deste tipo de inmobles se afaste aínda máis o mes pasado da media española, superando xa os 100 euros.

Na primeira metade do ano consolidouse a recuperación do mercado inmobiliario e iso estase trasladando aos prezos. Á demanda de vivenda por parte de estranxeiros sumouse a interna grazas á melloría do contexto económico e a vuelta do financiamento. Todo apunta a que as boas previsións económicas para o que queda de ano permitirán que esta reactivación do sector inmobiliario se afiance, aínda que a recuperación será moi desigual e irá por zonas”, explica Beatriz Toribio, responsable de Estudos de fotocasa.

En canto ao ranking de comunidades autónomas co prezo da vivenda de segunda man máis alto en xullo, Galicia ocupa a sexta posición. Na parte alta da táboa atópanseo País Vasco, Madrid e Cataluña, cuxos prezos oscilan entre os 2.698 e os 2.240 euros por metro cadrado. Galicia rexistrou o seu máximo histórico no prezo da vivenda de segunda man en outubro de 2007, cando acadou un valor de 2.382 euros por metro cadrado. Dende entón acumulou un descenso dun -33%.

Os prezos por provincias

Entre as provincias galegas, a da Coruña continúa a ser a máis cara para mercar unha vivenda cun custo de 1.686 euros por metro cadrado, a pesar de que durante o mes de xullo se mantivo o prezo. A continuación está a de Pontevedra con 1.6.30 euros por metro cadrado, tras sufrir unha caída do -1,2%; a de Ourense (1.442), onde se mantivo, e a de Lugo (1.154), única provincia galega que experimentou un incremento no custo (0,8%).

En canto aos municipios, 16 concellos dos 58 analizados por fotocasa experimentan ascensos no prezo da vivenda de segunda man durante o mes de xullo. O do maior aumento é Sarria, que sube un 5,1%, mentres que O Rosal é o municipio galego onde máis cae o custo cun -8,3%. No relativo aos prezos, Baiona na imaxe– é o municipio máis caro con 2.303 euros por metro cadrado, seguido de Saxenxo (2.281). Noutro extremo, Xove é o concello galegois barato para comprar unha vivenda de segunda man, en concreto custa 700 euros por metro cadrado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)