Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A crise reduce un 45% o sector das axencias de viaxes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Entre 2008 e 2015 máis de 4.000 destas empresas deixaron de ter actividade en España, quedando nalgo máis de 5.000 compañías. Aínda que a actividade amosa síntomas de reactivación dende 2015, o 17% delas presenta un elevado risco de impago.


A partir de 2015 o sector a amosar algúns síntomas de estabilización, como a recuperación de resultados positivos. De acordo co estudo elaborado coa axuda de Insight View, nese exercicio unha empresa media deste sector facturaba 4,4 millóns de euros fronte aos tres de 2008, un incremento que non só se debe á reactivación do sector, que buscou novos nichos de actividade, senón aos procesos de concentración e ao peche das axencias de viaxes de menor tamaño.

A análise agregada que permite esta ferramenta revela datos moi relevantes sobre a súa atomización. Por unha banda, un importante 84% son microempresas que traballan con marxes moi estreitas; tan só o 12% son pequenas compañías, e apenas o 2% acadaron a dimensión de mediana empresa. Sen embargo, un tamén considerable 2% ten o tamaño de grande empresa.

De acordo cos datos do estudo, só o 12% do tecido empresarial foi creado entre 2010 e 2014, o 88% das empresas do sector ten máis de cinco anos de antigüidade e a porcentaxe de empresas creadas no último exercicio é residual, un indicador do elevado nivel de madurez deste sector. Sen embargo, o 17% das empresas está en risco elevado (15%) ou máximo (2%) de incumprir os seus pagamentos. No seu conxunto, o tecido amosa un rating de morosidade de 6 nunha escala de 0 a 10, o que indica un nivel de risco medio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)