Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Agricultura de precisión para os viñedos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



oSIGris é o nome do software de agricultura de precisión para viñedos que gañou o premio de emprendemento Santander Yuzz UDC. Os galegos José Senande, Adrián Rodríguez e Borja Seijo conseguiron unha praza para viaxar a Silicon Valley xunto a outros 51 emprendedores do programa de Santander Universidades, o CISE e a Universidade da Coruña.


En novembro de 2016 naceu esta aplicación móbil que mediante ortofotos satélite crea un sistema de información e establece unha agricultura de precisión con datos, valores e estatísticas. Traballan con viñedos porque o viño é un produto en expansión e vense moi ben nas fotos de satélite.

Non existen aplicacións como esta, hai algún software de xestión de adegas ou cultivos que se basea en proporcionar información sobre a parcela pero eles queren dar máis datos.

A viaxe dunha semana a Silicon Valley inclúe visitas a empresas como Google, LinkedIn ou Facebook e conferencias nas universidades de Berkeley e Standford. Os 52 "yuzzers" gañadores tamén visitarán o Spain Tech Center (STC) -impulsado por Banco Santander, Icex e Red.es-, cuxa meta é facilitar a implantación de pemes de base tecnolóxica española nun dos contornos máis dinámicos do mundo. Tras a viaxe, o estudantes asistirán á final nacional dos premios Santander Yuzz 2017 na Cidade Grupo Santander de Boadilla del Monte. Un xurado seleccionarán aos tres mellores emprendedores, que recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar os seus proxectos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)