Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Burela celebra esta fin de semana a súa festa máis emblemática



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



A Feira do Bonito acada a súa XXXIII edición cunha celebración que reúne gastronomía, música, cultura e arte. Calcúlase que se repartirán 3.000 quilogramos deste peixe en diferentes modalidades.


Hoxe deu comezo no porto pesqueiro da capital do binito este acontecemento, no que, á tradicional degustación do bonito do norte, se suman actividades infantís, concertos, arte, cultura e moito más. Organizada pola Asociación Cultural Ledicia en colaboración co Concello de Burela, a festa agarda a visita de entre 8.000 e 10.000 asistentes.

Ás 13.30 horas de mañá terá lugar a recepción de autoridades e invitados no barco-museo “Reina del Carmen” e a presentación da Feira do Bonito. Tras o pregón a cargo do actor Sergio Pazos, ás 14.00 horas darase paso á degustación gastronómica do bonito en diferentes modalidades: á grella, en empanada e cocido. E ademais haberá racións sen gluten, tapas de salpicón e marmitako.

A principal novidade desta XXXIII edición é Amarte Burela, o primeiro Certame Internacional de Pintura Mural. Cada artista deberá crear un mural inspirado no mar, sobre uns bloques de formigón situados no porto. O concurso contará coa presenza do ilustrador suizo Marc Taeger como artista invitado e repartiranse is de 4.000 euros en premios. O obxectivo é transformar o porto nun museo ao aire libre.

A parte musical comeza hoxe co espectáculo dos DJ Xriz, José de Rico e Dr. Bellido e continuará mañá coa presentación do Festival Osa do Mar, cos concertos de Miss Lane & The Kriptonians e Cora Sayers. E, para rematar, terá lugar a actuación de El Último Tributo (Tributo a El Último de la Fila) e Everest.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)