Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A demanda de habitacións en aluguer dispárase un 80% en só un ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



O prezo sube en España un 8,4% nos últimos 12 meses e sitúase nos 309 euros mesuais. Na Coruña, única capital galega analizada nun estudo de idealista, está moi por debaixo: 190 euros, un 4,5% máis caro que hai un ano.


O interese que esperta o aluguer de habitacións incrementouse un 78,1%%, pasando das 33.065.749 buscas que se realizaron nos seis primeiros meses de 2016 ás 58.900.927 do mesmo período en 2017, segundo o informe anual de piso compartido elaborado por idealista. Aínda que os prezos aumentaron de media en España case un 9%, nalgunhas capitais como Palma de Mallorca (23,9%) ou Málaga (23,1%) mesmo rebasaron o 20%. En Cáceres, en cambio, alugar unha habitación é un 5,6% máis barato que hai un ano, e en Soria, un 0,5%. En todas as demais capitais analizadas os prezos incrementáronse.

Barcelona é a cidade coas habitacións máis caras do país, xa que se solicitan 426 euros mensuais por alugalas. Séguenlle Palma (384 euros mensuais), Madrid (377 euros) e San Sebastián (363 euros). Zamora é, ola súa banda, a cidade máis económica de entre as analizadas con 143 euros mensuais, seguida por Cáceres (151 euros), Cidade Real (157) e Badaxoz (160 euros).

As persoas que comparten piso en España teñen un perfil similar ao que tiñan o ano pasado: 30 anos, viven no centro das grandes cidades, non fuman (aínda que son tolerantes cos que si o fan) e nin ten nin admiten mascota. A idade media dos habitantes dun piso compartido varía en función da zona xeográfica. Nas cidades do norte éis fácil que a media supere os 30 anos, como no caso de San Sebastián (35 anos), Logroño (33 anos), Vitoria (32 anos), Bilbao (32 anos), Soria (32 anos), Pamplona (32 anos) ou A Coruña (31 anos). Polo contrario, dúas capitais tradicionalmente estudantís marcan as idades medias máis baixas de España. Os habitantes dos pisos compartidos de Granada teñen unha media de 25 anos, mentres que en Salamancae Xaén chegan aos 26 anos. No 75% destes pisos conviven ambos sexos, mentres que no 22% só viven mulleres e no 3% só homes.

Por cidades, os puntos con maior oferta de habitacións son Madrid e Barcelona (que acumulan o 34,9% e o 18,6% de todas as habitacións que se anuncian en España). Séguenlles Valencia, co 8,4% dos anuncios, Sevilla (4,8%) e Granada (4,8%). A certa distancia están as cidades de Salamanca (3,4%), Valladolid (1,8%) e Zaragoza (1,8%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)