Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Arrinca en terceira o primeiro comparador de coches novos de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Carnovo naceu con 600 concesionarios oficiais adheridos: por agora só en Barcelona, Madrid e Levante pero a cifra crece moi rápido e son moitos os que chaman para unirse á rede. Esta plataforma permite recibir ata 5 ofertas dun coche en 24 horas e, aseguran os seus creadores, “cun aforro medio de máis de 4.000 euros” .


O configurador axuda a atopar o coche comparando segundo proximidade, prezo, dispoñibilidade do vehículo en stock e valoración do concesionario. En España máis do 90% do compradores de coches inicia o proceso a través de Internet para solicitar información, aínda que a maioría das veces acaba indo concesionario físico para formalizar a compra.

Unha vez recibidas as ofertas dende a web o usuario pode poñerse en contacto de forma anónima, por chat ou por teléfono, co concesionario que lle faga a oferta máis interesante. E estes poden crear a súa propia imaxe coas valoracións dos clientes que xa mercaron, como acontece nas plataformas de reserva hostaleira. Carnovo fundouse a finais de 2016, pero non entrou en pleno funcionamento ata maio de 2017. Aproveitou para darse a coñecer no Automobile Barcelona 2017, cun arranque que superou as expectativas dos fundadores.

“A idea xurdiu de nosa propia necesidade, cando ao querer comprar un coche novo, comprobamos que o proceso era moi longo e pouco transparente, distando dos novos hábitos de consumo noutras industrias”, explica Ferran Jover, CEO e Co-fundador. A intención da startup é transformar este proceso de compra para dar un xiro cualitativo ao sector automobilístico, que baixo o punto de vista dos fundadores, aínda ten “moito campo por percorrer a nivel dixital”.

10.000 usuarios

O marketplace pechou unha rolda de financiamento de dous millóns de euros coa participación de Antai Venture, o equipo, un acordo de Media for Equity e o soporte de Enisa, que lles serviu para asentar o negocio. A moza startup quere chegar a toda España a final de ano e conseguir máis de 100.000 clientes.  Teñen unha canle de YouTube na que ensinan os coches dunha forma fresca e menos técnica: en poucas semanas xeraron máis de 250.000 visitas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)