Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Inquietude entre os avogados galegos ante un novo fallo na seguridade da Xustiza



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



O Consello da Avogacía Galega está a facer un seguimento das graves incidencias no tratamento da información e a comunicación que poden afectar a todo o sistema informático da Administración de Xustiza.


A nova incidencia de carácter grave na Administración de Xustiza, esta vez no programa informático que utilizan os xulgados galegos, Minerva, volve poñer en alerta aos avogados galegos, que entenden que estes fallos deixan en moi mal lugar o papel que o Ministerio de Xustiza está a desenvolver neste eido.

Dende o Consello da Avogacía Galega táchase este novo incidente de moi perigoso, xa que, sumado aos fallos de LexNET das últimas semanas, deixan nunha complicada situación á Administración de Xustiza, xerando a dúbida sobre a vulnerabilidade do sistema de xustiza, fundamental para un estado de dereito, e que agora mesmo parece ser incapaz de garantir o seu compromiso coa cidadanía.

Os acontecementos do finais do mes de xullo e comezos de agosto sobre LexNET e agora Minerva ten que facer recapacitar sobre a situación da seguridade da xustiza dixital. O Consello da Avogacía Galega volve a recalcar que a transformación dixital esixe construír un sistema integral sobre sólidos cimentos, mediante unha planificación rigorosa, e que estea á altura do dereito constitucional á tutela xudicial efectiva.

Os avogados galegos manteñen un seguimento constante das incidencias que afecten ao correcto desenvolvemento de LexNET e do resto das ferramentas electrónicas da Administración de Xustiza. Para a tranquilidade da avogacía en Galicia, o consello empregará as canles dixitais (na súa sede virtual http://avogacia.gal e en twitter @avogacia) para manter informados a profesionais e cidadáns.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)