Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Pontevedra é o municipio galego de máis de 50.000 habitantes que rexistra o maior índice de “pobreza ancorada”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Segundo un estudo realizado pola consultora AIS Group en 2015 habería un ao redor dun 28% de persoas residindo en fogares que en 2009 estarían considerados en risco de pobreza: un 6,5% máis do que se consideran segundo o limiar de 2015. Vigo cun 27,7%, Lugo cun 27,2% e Ferrol cun 26,4% séguenlle.


A taxa de poboación en risco de pobreza calcúlase en base aos ingresos medios dos fogares declarados na enquisa de condicións de vida mesmo ano, polo que se as rendas familiares en media caen, o limiar de pobreza será máis baixo. A pobreza ancorada, en cambio, observa as variacións na taxa de pobreza da poboación deixando fixo o limiar de pobreza dun ano determinado, actualizándoo coa variación do IPC dos anos do período que se quere analizar.

“Deste xeito pódese comprobarse como evoluciona a porcentaxe de poboación en risco de pobreza ao longo do tempo baixo un mesmo limiar, o que dá unha idea menos relativa ou variable da situación”, comenta Agustí Amorós, director de desenvolvemento de negocio de AIS Group.

Os datos estudados

O equipo de data scientists de AIS Group calcula a taxa de poboación en risco de pobreza ancorando o limiar nos niveis de 2009, un ano en que os ingresos medios dos españois aínda non acusaran as consecuencias da crise. Ese ano a renda media segundo o INE situouse en 30.045 € por fogar e a taxa de poboación en risco de pobreza era do 20,4%. En 2015 o nivel medio de ingresos das familias españolas foi un 15,2% inferior: de 30.045 euros a 26.092.

Con todo, o municipio galego con maior diferencia entre a de taxa de poboación en risco de pobreza de acordo ao limiar e a taxa de pobreza ancorada é Ourense. Isto é un 8,48% máis con respecto ao 2015, subindo á quinta posición do ránking de pobreza ancorada dos municipios galegos de máis de 50.000 habitantes. Respecto de 2009 o nivel medio de ingresos por fogar caeu en absolutamente todas as comunidades. A nivel nacional o descenso foi do 15,2%, pero hai comunidades onde a baixada foi maior. É o caso de Andalucía, onde os ingresos medios das familias caeron un 25% entre 2009 e 2015. Tras Andalucía están Murcia (24,3%) e Cantabria (23,5%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)