Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia viviu a maior subida de prezos nos coches de ocasión de toda España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



O prezo aumentou este xullo un 15,8 %: queda en 15.556 euros. Detrás desta comunidade autónoma está a suba de Estremadura (11,3%) e Baleares (11,2%). A oferta galega  segue liderada por coches diesel pero xa se venden un 1% de cohes híbridos ou eléctricos.


As vendas en xullo tamén son lideradas por coches cunha antigüidade superior aos 10 anos (55%). Os superventas no sétimo mes do ano nesta terra, sen sorpresa: foron o Renault Mégane, o Volkswagen Golf , o Seat Eivissa, o Seat León e o Ford Focus. Os mesmos modelos que o mes anterior, segudno asegura o portal coches.net.

Entre as provincias galegas, as máis baratas neste eido son Ourense (14.313 euros), Pontevedra (14.835) e Lugo (14.865). A Coruña é a máis cara (16.526) e onde máis subiu o prezo  (25%) e Ourense foi na que menos subiu  cun 7%.

Segundo mostran os datos de coches.net, a nivel nacional, o prezo medio medrou un +3,4% ata alcanzar os 14.532 euros de media.  Segundo o IEA (Instituto de Estudos de Automoción) no mes de xullo vendéronse 197.148 coches de ocasión, un 19% máis que no mesmo mes do ano anterior, o que coincide co repunte económico

Pouca gasolina

En Galicia, a oferta de VO en xullo mantívose representada na súa maioría por coches de combustible diésel, os de gasolina representaron só 22%. O 1% restante correspondeu a vehículos de ocasión eléctricos e híbridos. Respecto á quilometraxe, na súa maioría teñen máis 80.000 quilómetros, representan o 56,2%; mentres que os coches con menos de 80.000 km supoñen o 43,8%. Os coches con máis de 6 anos representan o 45% da oferta .



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)