Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 60% dos profesionais está disposto a emigrar por un posto de traballo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Os ocupados menores de 25 anos son os máis predispostos a cambiar o seu país de residencia por traballo (69%), seguidos daqueles con idades entre os 25 e os 45 anos (65%) e os maiores de 45 (52%).


Unha análise realizada por Randstad revela que is de 11 millóns de traballadores españois emigrarían por motivos laborais co obxectivo de conseguir no estranxeiro un posto de traballo específico que non atopasen no seu país. Ademais, indica que a menor edad do profesional, maior é a súa dispoñibilidade para emigrar, algo que ocorre tanto en España como no resto de países europeos.

A predisposición para emigrar entre os máis mozos débese ao dominio crecente de idiomas neste grupo de idade a ao seu interese por desenvolverse internacionalmente para mellorar as súas capacidades. O 25% dos estudantes de secundaria en España estuda dous ouis idiomas, unha porcentaxe que vai crecendo ano tras ano e que axuda a que os mozos poidan desenvolver a súa actividade profesional noutros países”, explica Luis Pérez, director de Relacións Institucionais de Randstad.

O segundo grupo de idadeis disposto a emigrar por motivos laborais é o colectivo de traballadores con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos. O 65% destes profesionais marcharía a outros países por un emprego, 15 puntos porcentuais máis que a media europea. Séguenlles os ocupados maiores de 45 anos, onde o 52% deles estaría disposto a irse a outro país por motivos laborais. No caso dos profesionais europeos maiores de 45 anos, esta porcentaxe sitúase no 38%.

Os máis dispostos a emigrar

O informe revela que os profesionais is dispostos a emigrar son os españoies, que se sitúan 12 puntos porcentuais por riba da media europea (48%). Despois de España sitúanse os traballadores de Italia (59%), Portugal (57%), Reino Unido (55%) e Grecia (53%). Países Baixos, pola súa banda, é o país europeo cos traballadores menos dispostos á mobilidade internacional (36%). A continuación sitúanse Noruega (39%), Francia (42%) e Alemaña (43%). Fóra das fronteiras europeas, China (53%) é o país no que os traballadores estarían máis dispostos a emigrar, seguido de Australia (43%). No lado contrario sitúanse Xapón (41%) e Estados Unidos (40%).

O estudo tamén analiza outros aspectos do mercado laboral como a opinión dos traballadores sobre o concepto do “traballo para toda a vida”. O 77% dos ocupados considera que este tipo de postos ten unha tendencia a desaparecer nos próximos anos, é dicir, is de 14 millóns de profesionais cren que o concepto de “traballo para toda a vida” deixará de existir.

O mercado laboral está cambiando a un ritmo vertixinoso en todos os ámbitos: a nivel local, rexional, nacional e internacional. Nos próximos anos crearanse novos postos de traballo que hoxe en día aínda non coñecemos e outros extinguiranse, algo que incrementa a tendencia á renovación e adaptación, á reciclaxe profesional, deixando atrás a idea de que estaremos toda a vida co mesmo emprego. Actualmente, o 31% dos traballadores leva menos de tres anos no seu emprego, unha tasa que medrou dous puntos porcentuais no último ano. A medida que medra a rotación laboral, decrece a sensación do traballo para toda a vida”, explica Luis Pérez.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)