Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os bancos rexeitan ou ignoran o 88% das reclamacións das cláusulas suelo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Así o asegura Adicae tras analizar unha mostra de 1549 usuarios que esixen a devolución do total do cobrado. As entidades con máis rexeitamento de reclamacións son: Ibercaja -chegou a denegar practicamente o total das solicitudes-,  Caixa Duero rexeita ata o 88% e o Banco Popular o 75 % dos casos.


A asociación de defensa de usuarios de banca presentará este informe ao Banco de España, aos grupos parlamentarios, ás institucións de consumo, ao Ministerio de Economía e ao de Xustiza. “O resultado confirma o boicot das entidades ao mecanismo urxente de protección ao consumidor en materia de cláusulas suelo e revela os abusos aos que seguen sometendo aos clientes”.

O Observatorio de Seguimento e Vixilancia de Adicae asegura que “miles de usuarios seguen sentíndose estafados polas entidades ao comprobar que, a pesar da multitude de sentenzas que declaran nula a abusiva cláusula e á resolución do TJUE que establece a devolución íntegra, os bancos continúan practicando irregularidades e néganse a reintegrar as cantidades cobradas indebidamente”.

o 12% dos hipotecados obtivo unha oferta económica por parte a súa entidade. Desta porcentaxe, tan só o 6% recibiron efectivamente as cantidades e o 6 % restante son ofertas enganosas por parte dos bancos que o afectado debeu rexeitar

Entre o cúmulo de irregularidades que as entidades están a cometer hai: ingresos parciais das cantidades que o banco estima sempre a favor da entidade sen realizar ningunha oferta previa; a denegación sistemática das reclamacións sen especificar motivo algún; o mantendo da cláusula suelo nos préstamos das hipotecas aludindo transparencia, aínda a día de hoxe e coa multitude de sentenzas ás costas e ofertas off the record, sen ningún soporte físico nin documentación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)