Publicidade

Cluster


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Coordinados



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Xa está en marcha a segunda edición da campaña "Turismo Rural Agora Tamén" impulsada pola Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) e a Naviera Nabia co apoio do Clúster Turismo de Galicia. Suman sinerxias entre as diferentes empresas para mellorar a capacidade de paquetización e comercialización.


“Moitas das nosas casas están en zonas de interior e pensamos que a combinación turismo rural-naviera que viaxa ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas pode resultar moi atractivo para paquete turístico conxunto”, explica o presidente de Fegatur, Cesáreo Pardal. “Coa campaña pretendemos dar continuidade á iniciativa que comezamos o ano pasado con bos resultados". De feito a campaña ampliouse en duración respecto da do 2016, que foi solo en setembro.

Creada durante o concurso anual de ideas que o Clúster Turismo de Galicia pon en marcha entre os seus asociados, outro dos seus obxectivos é a incorporación das novas tecnoloxías neste proceso de comercialización coa potenciación da web GaliciaTurismoRural.es como xanela. Segundo Cesáreo Pardal, a campaña desenvólvese entre o 1 de agosto e o 27 de outubro, para “captar o interese do turismo que visita durante o verán o noso territorio, ben como usuarios da naviera ou ben como clientes de turismo rural. Haberá tamén promocións semanais com sorteos de estadías de de turismo rural e billetes de barco que poderán gozar en tempada baixa, fomentando a desestacionalización”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)