Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha operación de apendicite pode custar entre 15.000 ou 30.000 dólares en Estados Unidos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Contar cun seguro axuda a viaxar sen preocupacións porque os cartos para asumir un accidente ou enfermidade mesmo menor nalgúns países pode arruinar xa non as vacacións, senón moitos máis meses despois. En destinos como EE.UU a rotura dunha perna pode supoñer ata 50.000 euros dependendo da gravidade.


Para sete días, por 50 euros pódese contratar un seguro de viaxe para este país e para destinos máis próximos como Europa o custo sitúase nunse 30 euros, así que semella que compensa o investimento sobre. Tres de cada catro viaxeiros que tivo que utilizar o seguro de viaxe fíxoo porque precisou asistencia médica no destino que visitou.

A segunda causa son as repatriacións por enfermidade, accidente ou falecemento, que concentra o 10% de utilización do seguro de viaxe, segundo recollen os datos de MAPFRE referidos á súa carteira de clientes.  A estes contratempos séguenlle as cancelacións, cos gastos derivados delas, e a perda de equipaxe que supoñen o 6% e 5%, seguido do atraso nos medios de transportes, por exemplo a saída dun avión.

Os meses de verán concentran o 41,2% do uso do seguro e a contratación é cada vez máis habitual en desprazamentos a destinos no que o custo dos servizos médicos é moi elevado. De feito, un de cada seis españois que contrata un seguro faino desprazarse a Estados Unidos. Os países europeos e do sueste asiático son tamén os destinos máis frecuentes e cada vez -curiosamente- son máis quen decide contar cunha póliza deste tipo para as viaxes por España, un destino que concentra máis do 7% do total de vendas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)