Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Futbolistas e profesoras, as profesións “do futuro”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Isto é o que revela a XIII Enquisa Adecco Qué queres ser de maior?, un estudo no que se indica que unha de cada cinco nenas desexa ser mestra, e un de cada cinco nenos adicarse ao deporte do balón.


Médicos, veterinarias, peiteadoras e cantantes son outras das profesións que ás rapazas lles gustaría exercer cando sexan maiores, e policías, profesores, youtubers e bombeiros, outras preferencias para os nenos. O que non queren ser nin ellas nin eles é políticos: o 30,3% das rapazas e o 27,9% dos rapaces o rexeitan.

A XIII Enquisa Adecco Qué queres ser de maior? Indica ademais que, a pesar de que os dous proxenitores traballen, para máis da metade dos nenos entrevistados as responsabilidades domésticas e familiares seguen sendo un traballo exclusivo das mulleres, mentres que un 44,3% afirma que estas se reparten por igual entre os dous proxenitores, e un 3,1% di que es tarefa dos homes.

Para os nenos españois, o futbolista Leo Messi sería o seu xefe ideal, xa que así o elixe o 13% deles. Tras el, Cristiano Ronaldo sería a mellor opción (10,6%). A continuación, os rapaces preferirían ser os seus propios xefes, estar ás ordes de El Rubius ou ás de Sergio Ramos. As nenas españolas en cambio prefiren como xefa á cantante Shakira (6,8%), elas mesmas (6,4%) ou a Cristiano Ronaldo (5,5%). As cantantes de Sweet California e David Bisbal son as súas seguintes opcións.

Un 48,5% dos rapaces querería ter unha xornada partida o día de mañá e continuar co horario laboral predominante no mercado español. Pero outro 46,7% prefiriría ter unha xornada continua que implique madrugar un pouco máis pero “poder marchar a comer a casa”. Ademais, o 39,1% dos nenos e nenas en España cre que hoxe éis difícil atopar traballo no noso país que un ano atrás (apenas redúcese reduce tres décimas con respecto á anterior edición), e son as rapazas (34,7%) e os entrevistados de máis idade (45,3%) os que máis se decantan por esta idea.

Salarios e corrupción

Un 27% dos que participaron na enquisa querería gañar un salario mensual superior aos 15.000 euros. Incluso algúns quererían gañar un millón de euros cada mes (6,5%) ou que a súa nómina fose infinita (5,6%). O 12,7% dos rapaces cre que os políticos españois deberían loitar contra a corrupción como medida máis urxente a realizar, xerar emprego (9,1%) é o segundo máis votado, seguido de ofrecer mellores servizos e infraestruturas (6,8%) e baixar os impostos (6,4%). Por último, o 57,3% dos entrevistados recoñece saber quen é Donald Trump fronte ao 26,1% que coñece a Angela Merkel e o 25,3% que ubica a Emmanuel Macron. Tamén hai un 11,3% que sabe explicar que é o Brexit.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)