Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia, entre os destinos líderes de turismo rural para a ponte de agosto



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Norte e proximidade á praia son as preferencias do turismo rural para estes días, nos que Asturias, Navarra, Cataluña, País Vasco, Murcia e esta comunidade autónoma son as preferidas polo viaxeiro rural, con máis do 60% de ocupación.


A ponte de agosto é unha data clave para o turismo rural en España, un sector que este ano consegue unha ocupación do 58%, catro puntos por debaixo da de 2016 pero moi por riba do 40% do total do mes. Segundo datos do portal Escapadarural.com, case seis de cada dez casas rurais xa colgaron o cartel de completas, aínda que hai comunidades autónomas, especialmente as do norte, que superan xa o 70% de ocupación. 

De feito, os destinos preferidos polo viaxeiro para os próximos días son: Asturias cun 76%, seguida de Navarra (74%), Cataluña (68%), País Vasco (66%) e Murcia e Galicia, ambas co 65%. No lado contrario atópanse os destinos de interior: Castela-A Mancha (36%), A Rioxa (37%) e a Comunidade de Madrid (40% de ocupación).

Estes datos confirman que o turista se sinte máis atraído polo fresco do norte e a posibilidade de bañarse na praia durante este mes de agosto. En relación con todo isto, hai que destacar que o máis demandado á hora de buscar casa rural para esta ponte é que estea preto da praia (68% das buscas). Tamén se miran moito aloxamentos con piscina (65%), illados ou en zonas de montaña (61%). En canto ao tipo de aluguer, como sempre, é o íntegro o que gaña co 63% das reservas. E sobre o prezo medio dos aloxamentos reservados, destacar que sube de 22,65 euros do total de agosto a 23,85 euros, aproveitando a maior ocupación destes días.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)