Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector das telecomunicacións é o máis optimista



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Os CEO destas empresas ten máis confianza que a media no crecemento das súas compañías. Así se desprende da Enquisa Mundial de CEO correspondente a este sector.


O estudo di que o 56% destes líderes ten “moita confianza” nas perspectivas de crecemento da súa empresa en 2017, unha porcentaxe que está moi por riba do 38% global e que se repite á hora de preguntarlles polo futuro dos seus negocios nos próximos tres anos, unha cifra superior ao 51% xeral. Sen embargo, amósanse preocupados por contar coas capacidades claves, como así o indica o 84% dos CEO do sector, por riba do 77% global. A medida en que estas empresas intentan facer máis innovadores os seus modelos de negocio, requiren, ademais de coñecementos tecnolóxicos, perfís con habilidades novidosas para o sector -creatividade, innovación ou capacidade de adaptación-.

Os líderes desta compañías consideran ademais que a tecnoloxía é protagonista nas súas sociedades, xa que transformou a súa industria moito máis que as dos seus colegas doutros sectores. Por exemplo, un 53% ve que os avances tecnolóxicos cambiaron por completo o sector nos últimos cinco anos, en comparación co 20% da media mundial. E parece que este proceso está moi lonxe de rematar: o 95% sinala que a tecnoloxía “cambiará por completo”, ou terá un “impacto significativo”, na forma de competir na industria, polo 75% global.

O 70% dos CEO deste sector é consciente ademais de que a forma en que xestionen os datos dos seus clientes é clave para diferenciarse dos seus competidores. Así mesmo, o 72% cre que os incidentes en materia de seguridade da información terán un impacto negativo na confianza dos seus grupos de interese durante os próximos cinco anos, moi por riba do 47% global. A boa noticia é que o 67% dos directivos de telecomunicacións asegura que a súa empresa xa fai fronte “en gran medida” aos problemas de ciberseguridade que afectan á información empresarial e aos sistemas críticos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)