Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A chamada ao guindastre, o problema máis habitual dos condutores



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Os coches son os vehículos máis propensos a asegurarse a todo risco porque, na maior parte, son de uso privado. Pero os vehículos máis grandes e pesados xeran, sobre todo, contratempos con danos materiais. Nesta situación temos a maquinaria agrícola e industrial, os remolques, os autobuses e, en menor medida, os camións.


Segundo recolle o Informe Estamos Seguros 2016 publicado por UNESPA cada exercicio, de feito, o seguro resolve 10,8 millóns de problemas: moi habituais son os partes que se dan sen contrario, os “danos propios” do seguro a todo risco con 2,5 millóns de incidentes. Séguenlle os golpes con contrario, que quedan englobados dentro do seguro a terceiros con 1,9 millóns de casos ano ano.

A asistencia na estrada é unha protección básica sobre todo para os condutores que realizan desprazamentos longos, como os que se dan nestas días. Pero hai outras coberturas que convén ter a man no verán. Unha é a protección fronte á rotura de lúas. Na estrada é frecuente que as pedras pequenas saian proxectadas e, ao golpear o cristal, deixen gretas. O seguro resolve cada ano 1,9 millóns de contratempos como este. Outra protección moi útil é o recurso de multas. As aseguradoras poñen a traballar aos seus equipos de defensa xurídica 222.349 veces cada ano para atender peticións nesta materia.

Outro datos interesante do informe: os servizos realizados polo seguro tamén varían en función do tipo de vehículo e o uso que se dea. Os vehículos de dúas rodas (motos, escúteres e ciclomotores) son os máis propensos a facer uso da asistencia na estrada. O sinistro de danos propios, en cambio, é típico dos turismos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)