Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Combater a calor págase



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Os pisos con piscina son en España un 43% máis caros. Sen embargo, na Coruña só se encarecen un 6,5%, sendo a segunda capital española na que menos varían os prezos por esta razón.


Segundo un estudo publicado por idealista, o custo medio dun piso con piscina en España é de 2.205 euros por metro cadrado , mentres que naquelas vivendas que non contan con esta comodidade o prezo se reduce ata os 1.544 euros por metro cadrado. Unha piscina supón, ademais dun prezo de compra máis elevado, que os gastos de comunidade aos que se ten que facer fronte sexan tamén máis altos: hai que sumar un custo extra de 504 euros anuais de gastos de comunidade, xa que fronte aos 828 euros ao ano que se pagan de mediano país por un piso sen piscina, aqueles que si que dispoñen pagan unha media de 1.332 euros, un 60,8% máis.

As diferenzas de prezos entre pisos con piscina e os que non a teñen varían segundo as capitais. A maior diferenza atópase na cidade das Palmas de Gran Canaria, onde os prezos varían un 59,2%. Séguenlle Lleida (57,8%), Tarragona (53,7%) e Huesca (49,7%). Na cidade de Barcelona a diferenza chega ata o 39,1%, mentres que en Madrid se queda nun 34,9%.

Polo contrario, en Salamanca os pisos con piscina son só un 0,4% máis caros, seguida pola Coruña (6,5%), Sevilla (8,5%), Girona (9,4%) e San Sebastián (9,9%). Nas cidades de Bilbao, Cádiz, Lugo, Ourense, Oviedo, Palencia, Pontevedra e Vitoria a porcentaxe de pisos en venda con piscina é tan baixa que non resulta estadisticamente relevante.

En España o 18,7% de todos os pisos en venda en idealista conta con piscina. A capital na que máis inmobles dispoñen desta comodidade é Alicante, xa que o 31,4% de todas as que se anuncian a ten. Séguenlle Cidade Real (23,1%), Málaga (22,9%), Madrid (21,9%) e Logroño (17%). En Barcelona o 7,7% dos pisos dispone dela e na Coruña un 1,7%, unha das porcentaxes máis baixas do estudo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)