Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é a cuarta comunidade con maior oferta de aloxamentos 'pet-friendly'



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE AGOSTO DE 2017 · (0)



Cada vez son máis os donos que non queren separse da mascota durante as vacacións, tanto persoas que viaxan soas como parellas, e mesmo familias con nenos. Así que a oferta de hoteis que ofrece a posibilidade aumenta. En Galicia destacan o Hesperia Coruña, o Husa Bahía de Vigo e o Carrís Marineda.


Os aloxamentos ás veces non só aceptan animais, ofrécenlles servizos como cama, comida e xoguetes. Aínda así é importante ter en conta que na maioría das veces o dono é o responsable do animal e non poderá deixalo só na habitación todo o tempo ou acceder con el a zonas como o restaurante. Cada establecemento establece unhas normas distintas a ter en conta.

O comparador HotelsCombined fixo unha radiografía das Comunidades con maior oferta de aloxamentos pet-friendly no noso país. O ranking encabézano Andalucía (24,25%), Cataluña (19,64%), e a Comunidade Valenciana (12,53%), seguido a certa distancia por Galicia (6,63%). E as comunidades con menor índice de ofertas son Murcia (1,94%), Navarra e A Rioxa (0,97%).

Estes establecementos buscan cubrir unha necesidade crecente, deixando de ser algo propio de casas rurais para chegar a hoteis e afastándose de destinos de interior para estenderse a cidades e costas. De feito, un 41,5% dos aloxamentos pet-friendly dispoñibles en HotelsCombined son hoteis e uns 20% apartamentos, mentres que un 15% son hostais, unhas 9% casas rurais, uns 3,5% albergues e uns 2% cámpings. Nesta web, por exemplo, podemos procurer aloxamento aplicando o filtro “Animais domésticos benvidos” -dentro da sección de Servizos- e así pode escoller sabendo que o noso animal virá canda nós.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)